Blog Hostalaría e Turismo

Síguenos nas redes sociais!

    Twitter  YouTube  Flickr

TURISMO

Visita guiada caracterizada. Aguias de Vigo

O pasado xoves 29 de novembro o alumnado do CS de Guía, información e asistencia turística e do CS de Axencias de Viaxe, realizaron unha fantástica viaxe ao Vigo do século XIX. A historia da nosa cidade contada a través da vida de tres grandes mulleres: Concepción Arenal, Irene de Ceballos, esposa de Policarpo Sanz e a Marquesa de Quiñones de León. Tamén Bernardo González del Valle, Cachamuiña, líder da Reconquista de Vigo tivo moitísimo que contarnos.

Procurando os secretos do Monte Aloia

A pasada semana, o alumnado dos ciclos de turismo de Axencias de Viaxes e de Guía, Información e Asistencia Turísticas gozou dunha actividade en plena natureza no Monte Aloia.

Coñecendo a hotelería de Santiago

O alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos visitou a localidade de Santiago de Compostela, coa finalidade de coñecer de primeira man dous dos establecementos máis representativos da cidade: O Hostal dos Reis Católicos e o Hotel Spa Relais&Chateaux A Quinta da Auga.

Admirando Santiago

@s alumn@s dos Ciclos Superiores de Guía, Información e Asistencia Turística e de Axencias de Viaxes visitaron a capital de Galicia, coa finalidade de realizar unha visita guiada polo casco histórico e coñecer mellor os recursos cos que conta a cidade.

Visita á illa de San Simón

O pasado xoves 26, o alumnado dos ciclos de turismo de Axencias de Viaxes e de Guía, Información e Asistencia Turísticas coñeceron de primeira man a Illa de San Simón, na Ría de Vigo, nun espléndido día de outono.

Powered by Drupal - Design by artinet