A continuación imos comentar algunhas da páxinas máis coñecidas que nos permiten descargar música libre de dereitos de autor.
[4]En Jamendo podemos atopar cancións novas de grupos independentes. Conta cun banco de música enorme que permite filtrar por xénero, estado de ánimo, intrumentos, tipo de proxecto ou lingua.
[5]Youtube Audio Library ofrece música tanto libre de licencia como baixo licencia Creative Commons. Resulta moi práctica se queremos poñerlle música a un vídeo que subimos a Youtube xa que podemos facelo directamente dende a configuración do vídeo.
[6] Souncloud permite descargar música baixo licencia Creative Commons sen necesidade de rexistrarse. É unha das máis coñecidas.
[7] Auboutdufil permite descargar música gratuita e libre de dereitos de autor clasificada por xéneros.
[8] Audionautix ofrece música baixo Licencia Creative Commons 3.0. Permite utilizar canciones (mesmo con fins comerciais) coa condición de incluir a url da web ou a fonte “music by auidonautix.com” Conta cun gran arquivo de música que clasifica as cancións por xénero, estado de ánimo o tempo.
[9] En Musopen podemos atopar sobre todo música clásica gratuita, clasificada por compositor.
[10] Incompetech esixe mencionar ao artista a cambio de usar as súas cancións. Senon sempre podemos mercar a licenza por $5.
Na seguinte ligazón [11] podemos atopar información moi interesante sobre:
- pros e contras de utilizar música gratis.
- conceptos importantes: dereitos de autor, licenzas, dominio público.
- cuestións a ter en conta antes de descargar unha canción libre e gratuita.
- Licenzas de pago, etc.
Se coñeces algunha outra páxina que proporcione música libre de deritos de autor e gratuita convidámoste a que a compartas. Tamén podes opinar sobre as que propoñemos.
Participa! Os teus comentarios poden enriquecer este blog!