CIFP Manuel Antonio

   

Avda. de Madrid s/n, 36214 - VIGO 

Teléfono: 886 120 750    cifp.manuel.antonio@edu.xunta.es

 

 Tríptico Informativo    Vídeo de presentación    Plano do centro  

Semana das Letras Galegas 2019. E así foi...

Este ano tamén celebramos a Semana grande das Letras Galegas dedicadas a Antón Fraguas, con diferentes actividades e a participación do noso alumnado e profesorado. O luns 13 de maio, o artista noiés Serfafín Marcos enganchounos en dúas sesións teatralizadas... Quen ten un mestre etnógrafo?, onde coñecemos dun xeito divertido, a vida do poeta Antón Fraguas.

Congreso FPInnova 2019

Os pasados 8, 9 e 10 de maio, tivo lugar no Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, a 4ª edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP INNOVA 2019. Durante tres días, este Congreso albergou moitos proxectos de innovación didáctica e tecnolóxica que se están a desenvolver no eido da formación profesional galega.

Manuel Antonio e máis nós. Acto homenaxe ao poeta Manuel Antonio.

O pasado día 25 de abril, a Biblioteca do noso centro converteuse nun verdadeiro Museo onde quixemos rendir homenaxe ao poeta Manuel Antonio, con ocasión da conmemoración do 90 aniversario da súa obra máis significativa "De catro a catro". Xosé Luis Axeitos, biógrafo do poeta que abriu o acto, recordou a relevancia deste poeta e da súa poesía.

 

 
Logo
 
Logo
Logo
Logo
 
Logo
Logo
Logo
Logo
Distribuir contido