Despedida da auxiliar de conversa Dia

in

               

O mércores 29 de maio celebrouse un xantar-despedida no restaurante do centro, para nosa auxiliar de conversación, Día, que estivo traballando connosco durante dous anos. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos. Vaiselle a botar moito de menos, sobre todo, o seu sorriso. Acompañámola no ágape Carmen López, de Sanitaria; Fran Vázquez, CLIL, de Química e a coordinadora da Sección Bilíngüe, Milagros Eiroa.

VER FOTOGRAFÍAS

A Biblioteca conmemora o centenario de "Francisco Fernandez del Riego"

                     

Diversos actos celebrados arredor da figura de Francisco Fernandez del Riego, conmemoraron o centenario do seu nacemento.

Dende a biblioteca, que leva o seu nome, levouse a cabo unha conferencia sobre o escritor e galeguista a cargo do presidente da Editorial Galaxia, Victor Freixanes na que tamen colaboraron alumnos/as da especialidade de Turismo.

VIDEO "PAÍS DE PEDRA E AUGA"

VIDEO ACTO

VER FOTOGRAFÍAS

Probas libres 2013 - calendario

Está aberto o prazo de matrícula do 21 ao 23 de maio, e do 27 ao 31 de maio para os ciclos liberados. Adxúntase o calendario con datas e horarios das probas, a desenvolver no mes de xuño. O Centro ten a disposición do alumnado que o precise, tódalas programacións dos ciclos formativos ofertados.

 

Alumnos/as na FCT no extranxeiro comparten con nós as súas experiencias

Dentro dos Programas Europeos o "Programa Leonardo" ten como un dos seus obxetivos que os alumnos e

alumnas poidan realizar a FCT (Formación en Centros de Traballo) en empresas no extranxeiro.

Este é o caso de dous alumnos da escola que queren compartir con nós a súa experiencia neses paises.

  

Roberto Vidal Bolaño: o teatro protagoniza as Letras Galegas 2013

Dende o noso centro contribuimos a divulgación da figura do homenaxeadoA Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como "un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas."

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido