Instruccións da dirección do CIFP Manuel Antonio sobre o Coronavirus

Seguindo as instruccións a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

O equipo directivo do CIFP Manuel Antonio establece as seguintes medidas dende o 16 de Marzo 2020:

Non se require a presenza física do profesorado no centro durante o periodo de suspensión da actividade lectiva. Polo tanto, rogamos non acudir ao centro educativo, será o equipo directivo do centro quen realice as funcións de servizos mínimos durante este periodo.

Aprázase o periodo de reclamacións de alumnado, presentación de alumnado de FCT, Erasmus, incorporación ás empresas de alumnado de FP Dual e cursos AFD, durante o periodo de suspensión da actividade lectiva. 

As presentes instruccións teñen caracter provisional, polo que poden ser modificadas en atención á evolución da pandemia.

A comunicación de calquera modificación das presentes instruccións realizarase a través do correo electrónico e da web do centro.

VII Campionato de Sumillería Suso Domínguez

Esta semana tivo lugar a VII edición do Campionato de Sumillería Suso Domínguez organizado polo CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, e que co nome de "Sumillería en feminino" adicou un guiño ao papel da muller na sala, e na sumillería en particular. A nosa muller é Esther Vicente Alonso, alumna de segundo curso do ciclo medio de Servizos en restauración, que xunto a outras 15 estudantes procedentes de diferentes escolas de Galicia, Asturias, Castela e León, Malta e Finlandia, tivo a oportunidade de realizar as diferentes probas de coñecemento sobre os viños espumosos galegos e portuguese, de identificación de aromas e de cata comentada, e de levarse na mochila a experiencia de vivir este fabuloso campionato. 

Estamos moi orgullosos da túa participación e esperamos que o paso por esta experiencia na sumillería sexa o inicio dunha longa andadura profesional!

 

Acreditación de competencias profesionais. Listaxes de solicitantes e das persoas que deben emendar a documentación.

Publicación das listaxes de solicitantes aptos para ser baremados, e das persoas que deben enmendar a documentación, no procedemento de Acreditación de competencias profesionais

III Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais Ponteareas

Coma nas anteriores edicións, este ano participamos na III Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que se celebrou, no Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas, os días 4 e 5 deste mes de Febreiro.

Esta feira consolídase coma unha oportunidade para coñecer as inmensas alternativas de estud que a formación profesional e artística ofrece.

O alumnado participante nesta actividade foi o da FP básica de Tapizaría e Cortinaxe e FP básica de Cociña e Restauración, que desenvolveron diferentes talleres, obradoiros e demotracións dos traballos e aprendizaxes relacionadas coas súas ensinanzas.

Parabéns ao alumnado participante, e ao seu profesorado, polo traballo que entre todos desenvolvestes con moita profesionalidade!

Fashion Week Madrid. Viaxe Téxtil

Este mes de febreiro o alumnado do ciclo superior de Patronaxe e Moda realizou unha viaxe formativa a Madrid. Visitaron e aprenderon, na afamada Sastrería Serna, o proceso completo na confección das prendas. Toma de medidas, realización de patróns en tela, cortado e montaxe da prenda, planchado, acabamentos... Tamén observaron as impresionantes pezas do Museo del Traje e a tradicional mercería Pontejos. E no Ifema tivo lugar o o MOMAD, Salón Internacional de Moda, Calzado y Accesorios, onde presentaron as súas colecccións máis de 800 marcas, nacionais e internacionais, e viron a pasarela da asociación de moda sostible de España. Alba Conde, Olga Santoni, Viriato, Marga Novas, Chokolat, Montoto, Mouriño, Amapolas Jumba, Belty, Hortensia... Unhas impresionante coleccións e desfiles na Sustainable FashionWeek Madrid! Esperamos repetir a próxima edición!!

 

 

 

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido