Homenaxe ao Profesor Victor Garcinuño

         

Hoxe celebramos unha merecida homenaxe ao Profesor Victor Garcinuño, que exerceu como docente dende os inicios do "Manuel Antonio" no Departamento de Debuxo Técnico e facendose cargo tamen do que hoxe chamamos as Tic's ou Novas Tecnoloxias.

MUSEO "VICTOR GARCINUÑO"

Esta homenaxe celebrouse na planta superior da Biblioteca onde se alberga museo do centro, xa que a partires de agora pasa a chamarse Museo "Victor Garcinuño", en recoñecemento a laboura que realizou no centro durante todos estes anos e tamen debido a que a maior parte das pezas que están alí foron recopiladas por el mesmo.

VER FOTOGRAFÍAS

Despedida da auxiliar de conversa Dia

in

               

O mércores 29 de maio celebrouse un xantar-despedida no restaurante do centro, para nosa auxiliar de conversación, Día, que estivo traballando connosco durante dous anos. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos. Vaiselle a botar moito de menos, sobre todo, o seu sorriso. Acompañámola no ágape Carmen López, de Sanitaria; Fran Vázquez, CLIL, de Química e a coordinadora da Sección Bilíngüe, Milagros Eiroa.

VER FOTOGRAFÍAS

A Biblioteca conmemora o centenario de "Francisco Fernandez del Riego"

                     

Diversos actos celebrados arredor da figura de Francisco Fernandez del Riego, conmemoraron o centenario do seu nacemento.

Dende a biblioteca, que leva o seu nome, levouse a cabo unha conferencia sobre o escritor e galeguista a cargo do presidente da Editorial Galaxia, Victor Freixanes na que tamen colaboraron alumnos/as da especialidade de Turismo.

VIDEO "PAÍS DE PEDRA E AUGA"

VIDEO ACTO

VER FOTOGRAFÍAS

Probas libres 2013 - calendario

Está aberto o prazo de matrícula do 21 ao 23 de maio, e do 27 ao 31 de maio para os ciclos liberados. Adxúntase o calendario con datas e horarios das probas, a desenvolver no mes de xuño. O Centro ten a disposición do alumnado que o precise, tódalas programacións dos ciclos formativos ofertados.

 

Alumnos/as na FCT no extranxeiro comparten con nós as súas experiencias

Dentro dos Programas Europeos o "Programa Leonardo" ten como un dos seus obxetivos que os alumnos e

alumnas poidan realizar a FCT (Formación en Centros de Traballo) en empresas no extranxeiro.

Este é o caso de dous alumnos da escola que queren compartir con nós a súa experiencia neses paises.

  

 

 
Logo
 
Logo
Logo
Logo
 
Logo
Logo
Logo
Logo
Distribuir contido