Probas Libres LOXSE_Títulos extinguidos

Publícase información sobre as Probas Libres de Títulos extinguidos (LOXSE) CS Química Ambiental

MAIS INFORMACIÓN

Probas Libres LOE 2020_Información e Calendario de probas

Xornada de Acollemento de candidatos/as: 1 de Setembro de 2020, ás 09:00 h, no Salón de Actos

Publícase o Calendario de realización das probas teóricas e prácticas, os Materiais, para a realización das probas, as Programacións Didácticas dos módulos, a Listaxe de Alumnado Matriculado nas Probas Libres 2020 por ciclo e módulo/s

Acreditación de competencias. Publicación das datas de reunión de grupo

No ficheiro adxunto publícanse as datas das reunións de grupo para o incio da fase de asesoramiento do procedemento de Acreditación de competencias  

Os candidato/as accedendo ao seu expediente, atoparán a convocatoria á reunión de asesoramento e deberán confirmar a súa recepción e conformidade, o que serverá de comunicación ao asesor ou asesora.

Recordade que a  reunión é obrigatoria, e a falta de asistencia inxustificada provocará a perda de condición de admitido/a ao procedemento. A xustificación deberá ser presentada no centro nos cinco días seguintes aos da sesión, por escrito e acompañada da documentación xustificativa.

Poderá consultar esta información  no seguinte enderezo  https://www.edu.xunta.es/acreditacion/

Concurso Eduemprende Idea 2020

Concurso Eduemprende Idea 2020Concurso Eduemprende Idea 2020
 

Publicada a Resolución do 20 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do concurso Eduemprende Idea 2020, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG650A) 

Comprende dúas modalidades:
  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de 2 alumnos/as e un máximo de 4.

prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
 

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido