Blog Hostalaría e Turismo

Seminario cata de cavas

Durante esta semana, como todos os anos, estase a celebrar o Seminario de Cata de Cavas. Grazas ao noso colaborador, experto de recoñecido prestixio, Institut del Cava, os nosos alumn@s do ciclo superior de Dirección de Restauración e más os do ciclo medio de Servizos en Restauración, farán cata de diversos tipos de cava como o rosado, brut nature, gran reserva ou semiseco entre outros. O longo do seminario iremos actualizando o contido desta entrada no blog para informarvos das distintas actividades que se desenvolvan e dotala de máis imaxes sobre o mesmo. Saúde!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet