Skip to Content

REUNIÓN GRUPAL ASESORAMENTO EMERXENCIAS

CONVOCATORIA REUNIÓN GRUPAL DOS CANDIDATOS ADMITIDOS NO PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENICAS DA CUALIFICACIÓN DE EMERXENCIAS SANITARIAS DO CIFP MANUEL ANTONIO

 

Conforme ao artigo 13 punto 3 da ORDE do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competenicas profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais da distintas familias profesionais convócase a todos os aspirantes admitidos para iniciar o proceso de asesoramento conforme de dita Orde.

A reunión terá lugar o mércores 23 de Abril de 2015 ás 17:00 horas no salón de actos do CIFP Manuel Antonio.

É necesario a presentación do DNI ou outro documento de identificación.

Pagamento da taxa da fase de asesoramento.

– O candidato admitido para a realización da fase de asesoramento deberá aboar unha única taxa de 20

euros.

 

– O pagamento da taxa deberase realizar de forma telemática ou a través do impreso de autoliquidación en

calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade

Autónoma de Galicia, consignando os seguintes datos:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: código 07.

Delegación de Servizos Centrais: código 13.

Servizo de Secretaría Xeral: código 01.

Taxa denominación: asesoramento do/da candidato/a para participar no procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación: código 304201.

En Vigo a 11 de abril de 2015

 

Asdo: Mª Sofía Goyanes López

       Mª de Lourdes Pérez Gippini



page | by Dr. Radut