CERTIFICADOS ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS CONVOCATORIA 2013

Comunícase que foron emitidos os Certificados asinados dixitalmente da convocatoria do ano 2013 de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou por vías non formais de formación, Orde do 25 de abril de 2013 (DOG 20 de maio de 2013).

Os solicitantes que teñan acreditado algunha UC en dita convocatoria poderán descargar os certificados dende a aplicación informática de xestión do procedemento www.edu.xunta.es/acreditacion, accedendo ao seu expediente dende a opción de menú 2.2 _ Consulta e modificación de solicitudes. Para isto deberán introducir os códigos correspondentes á convocatoria do 2013. Lémbrese que o ano da convocatoria, o código de convocatoria, o código de solicitude e o PIN deben ser os correspondentes a convocatoria (convocatoria 2013 e código de convocatoria 2005) que lle foron facilitados no momento de realizar a solicitude e adicionalmente enviados por correo electrónico.

Información sobre os certificados emitidos.

Os documentos asinados dixitalmente xerados pola Xunta de Galicia inclúen un conxunto de números e letras coñecido como Código de Verificación Electrónica (CVE).

 

Mediante o servizo de consulta, verificación e obtención de documentos asinados dixitalmente, dispoñible no enderezo https://sede.xunta.es/cve, despois de introducir o CVE pódese:

• Comprobar a sinatura electrónica e a integridade e autenticidade dun documento asinado por un ou varios representantes da Xunta. Esta funcionalidade vai destinada principalmente as administracións ou institucións.

• Descargar e imprimir cantas veces se desexe o documento orixinal. Esta funcionalidade vai destinada principalmente aos cidadáns.

Neste sentido recordar que os documentos así xerados e posteriormente impresos teñen carácter de orixinais, polo que non será precisa a compulsa en ningún trámite administrativo no que sexa requirida a súa presentación.

 

Posto que o Código de Verificación Electrónica (CVE) é imprescindible para comprobar ou obter de novo o certificado debe gardarse nun lugar seguro este conxunto de números e letras.

 

 

 
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo