Skip to Content

I Xornadas de Hostalaría e Turismo. CIFP Manuel Antonio

 

PROGRAMA

 

O próximo martes 18 de febreiro, de 9:00 a 14:00 horas, celebraremos no noso centro as I Xornadas de Hostalaría e Turismo do CIFP Manuel Antonio.

Estas xornadas, organizadas polo alumnado do 2º curso do CS de Xestión de aloxamentos turísticos como parte da súa formación, estarán dirixidas aos primeiros cursos dos ciclos formativos de hostalaría e turismo.

O fío condutor destas primeiras xornadas, que nacen con vocación de continuidade, será o turismo e a gastronomía “slow. Esta tendencia fai referencia, no caso do turismo, a unha nova forma de viaxar orientada a coñecer o destino, as persoas, a culturagastronomía e o medio ambiente, e, no caso da gastronomía, a valorar a calidade dos produtos, a recuperación de tradicións culinarias a ter en conta a procedencia das materias primas e o modo de cociñalas.

 

No salón de actos do centro terá lugar unha conferencia sobre o desenvolvemento sostible en Galicia e unha mesa redonda con profesionais do sector que debaterán sobre as posibilidades que ofrece a tendencia slow nas Rías Baixas. Para rematar a xornada, o alumnado dirixirase ás súas aulas para participar nunha serie de obradoiros específicos.

 

Nestes actos tamén colaborará o alumnado do CS de Guía información e asistencia turísticas, CS Dirección de cociña, CM Servizos de restauración e CM Panadaría, repostaría e confeitaría.

 



page | by Dr. Radut