Blog Hostalaría e Turismo

Visita Grupo HILTON Hotels & Resorts

O pasado 19 de novembro, representantes do grupo Hilton Hotels & Resorts visitaron o noso centro para invitar ao alumnado de Dirección de cociña, Dirección de Servizos e Xestión de Aloxamentos Turísticos, a recibilos no seu período de prácticas de FCT, ou para unha vez rematados os seus estudos.

Alumnado de Axencias de viaxe e xestión de eventos, e de Guías, información e asistencia turísticas, aproveitaron a xornada para por en práctica algunhas das súas aprendizaxes. Entre elas, na maxestuosa Biblioteca do noso centro, o mismísimo Manuel Antonio recibía ás representantes do grupo empresarial para gozar dunha visita teatralizada sobre a súa traxectoria persoal e profesional, con referencia a outras persoas ilustres galegas. Xa pola tarde, o alumnado de Guías realizou un guiado panorámico pola cidade de Vigo, explicando algúns dos espazos turísticos máis emblemáticos da nosa cidade. E... yes! Todo, todiño, in english!!....


Como fin da xornada, un agasallo fotográfico das experiencias e actividades desenvolvidas en agradecemento a Zorica Dutch e Ivana Kuzman, responsable de RRHH e supervisora de Formación e Desarrollo Profesional respectivamente do Grupo Hilton e tmán á profesora de turismo do CIFP Carlos Oroza,Tina Otero, que nos acompañou durante toda a xornada.


Parabéns ao profesorado e a cada unha das alumnas e alumnos dos ciclos de Axencias de viaxe e de Guías que participastes na organización previa e no desenvolvemento desta longa xornada... O voso centro felicítavos polo resultado do voso esforzo e compromiso incondicional!!

Pica aquí para acceder a fotos e vídeo das actividades.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet