Evento Erasmus en Francia

Se estades pensando en ir de Erasmus, recórdovos que hai unha localidade francesa marabillosa chamada Saint-Jean-de-Luz no límite con España no departamento coñecido como o País Vasco francés, daquela non vos sorprendades se cando vos atopedes alí escoitades falar no idioma vasco, a parte do francés.

Facemos esta introdución para comentarvos que o pasado 10 de Outubro acudiron como convidados a nosa profesora Olimpia Freire San luís, representando ó DEPARTAMENTO TEXTIL acompañada do noso director Rubén Otero Caneda.

Todos os anos realizan un evento no Lycée Ramiro Arrue ao que se achegan representantes de centros que colaboradoran en programas de intercambio con este instituto francés. Centros de paises como Croacia, Italia, Portugal, etc.

Aproveitamos para dicirvos que ao igual que o ano pasado este ano tamén contaremos con alumnos de Saint-Jean-de-Luz e moi probablemente, e esto é primicia, con alumnos de CROACIA.

¡Estamos desexando contar con todos eles!!!!

Adxuntamos fotos moi interesantes desta viaxe e da aprendizaxe dos alumnos que nos troixo Olimpia para compartir con todos vós.

Daquela xa podedes ir facendo plans para viaxar e estudiar no estranxeiro. Contade  co noso departamento téxtil e se precisades información.

 

Aconséllovos que lle votedes un ollo a estas fotos!!!!!

 

          Atópanse neste grupo os representantes dos institutos dos distintos paises. Se observades podedes recoñecer ós representante do noso, Rubén e Olimpia.

 

 

 ¡ORIXINAL!. Observade este deseño tan orixinal creado polos alumnos do instituto que lucía este modelo no desfile do Lycée Ramiro Arrue. Estes alumnos teñen futuro.

Comentar aquí que o desfile levouse a cabo con prendas que aportaron os alumnos dos distintos paises. Olimpia comenta que os alumnos mostraron grandes habilidades e destrezas tanto na parte de deseño coma na de patronaxe e confección das distintas prendas coas que desfilaron.

 

 

¡INTERESANTE!.Non perdades detalle. Observade estes modelos confeccionados en papel sobre o manequín. Esto é o que consideramos un deseño de autor. 

 

 

¡FERMOSÍSIMO!. ¿Non vos parece?

 ¡FERMOSÍSIMO!. ¿Non vos parece?

 

 

Alumna empregando a técnica de “moulage”sobre manequín.

 

 

Alumnos practicando “origami” para aplicar nos seus deseños.

 

 

Prendas confeccionadas por alumnos de institutos portugueses que forman parte do seu  folclore e foron cedidas para o evento.

 Como podedes observar están cargadas de detalles fermosos e resta dicir que a elaboración destes deseños supón un grande esforzo non só no tocante a confección, se non que tamén conleva unha labor de investigación na historia do traxe portugués.