Skip to Content

Xornada CO-EDUCA

Xornada CO-EDUCA. "Coeducación para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en igualdade" da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo

Días: 6 e 7 de novembro

Lugar: salón de actos da UNED. Auditorio Mar de Vigo

Persoas destinatarias: profesorado, persoal docente e comunidade educativa en xeral, así como persoas e entidades que realizan a súa intervención no eido educativo.

Obxectivos: Fomentar a coeducación para previr a violencia de xénero e a promoción dunha cultura en igualdade, que detecte e rexeite as novas formas de violencias machistas, e permita visibilizar á  comunidade educativa novos modelos de relación baseados na igualdade; difundir as experiencias de traballo en igualdade desenvolvidas nos centros de ensino coa finalidade de expor as boas prácticas a todo o profesorado da contorna e propiciar o intercambio de coñecemento.

Inscrición: As persoas interesadas en asistir deberán formalizar a inscrición enviando os datos solicitados no formulario existente no programa a través do enderezo electrónico xornadas.igualdade@vigo.org ou a través do noso fax 986 430 082. As prazas outorgaranse por rigurosa orde de inscrición atendendo a que a organización reservará o 70% das prazas  para o profesorado que se atope prestando servizo en centros sostidos con fondos públicos. A Concellería de Igualdade confirmará a praza a aquelas persoas que a obteñan

Homologación: Concedida a homologación previa da formación pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Diploma acreditativo: A Concellería de Igualdade expedirá diploma acreditativo de asistencia

PROGRAMA DA XORNADAno documento adxunto.

 

AdxuntoTamaño
programas xornadas coeducacion.pdf338.16 KB


page | by Dr. Radut