Apertura proceso inscrición Bolsas ERASMUS+. Charlas informativas

Dende hoxe mércores 09 de outubro e ata o venres 18 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para os estudantes de Ciclos Medio e Superior (CM/ZM/CS/ZS) que desexen obter unha bolsa de mobilidade Erasmus +, ben para facer a FCT no estranxeiro ou para facer prácticas nalgún dos países asociados unha vez rematen o Ciclo.

Todo o alumnado de Ciclo Medio ou Superior que o desexe deberá inscribirse nas datas indicadas na conserxería do CIFP, onde se lles facilitará a folla de inscrición e na que deberán depositar tamén unha fotocopia do DNI e os certificados oficiais de idiomas, en caso de que os teñan.

Convocatoria de CHARLAS INFORMATIVAS. Para aquel alumnado interesado, faraanse a seguintes charlas informativa por parte do coordinador de Programas Internacionais:

  • Día: Martes 15 de outubro
  • Hora: de 11:40 a 12:00h, e de 18:20 a 18:40
  • Lugar: na sala museo da Biblioteca (3º andar).

A continuación achéganse as bases do proceso de selección, tamén dispoñibles no taboleiro de Programas Internacionais.

BASES SELECCIÓN ERASMUS+ 2019-2020

Descarga aquí a túa Folla de inscrición

 

 

 Logo
Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo