








Os alumnos que cursan o Ciclo Superior de Patronaxe e moda deben aprender a elaborar patróns interpretando diferentes deseños. Adquiren amplos coñecementos de patronaxe, escalado, e confección que lles permitirá, ao rematar os seus estudos, traballar nun departamento técnico de calquera empresa téxtil (departamento de patronaxe, oficina técnica, xestión de produción, control de calidade, etc.) Así mesmo aprenden a utilizar as ferramentas informáticas necesarias para o deseño técnico de patronaxe e control dunha sala de corte.
Nas fotos pódense ver a diferentes alumnos de CS no proceso de patronaxe, corte e confección dun pantalón e dunha saia.