PROXECTOS FINAIS DO CICLO SUPERIOR DE PATRONAXE E MODA CURSO 2017-2018

Os alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda entregaron os seus proxectos onde mostran os coñecementos adquiridos durante os dous anos que dura o ciclo. A elaboración deste traballo supón un grande esforzo xa que teñen que simular a creación dunha empresa.

Os pasos na realización deste proxecto son os seguintes:

Os alumnos primeiramente elaboran os deseños das prendas , de seguido realizan os patróns e cortan e confeccionan o prototipo, este próbano e realizan os arranxos oportunos, para conseguir unha prenda perfecta. Paralelamente van elaborando as fichas técnicas. Unha vez que as prendas son aprobadas, elaboran as escalaxes e marcadas.

 

A continuación presentamos os proxectos feitos polos alumnos:

O PROXECTO DE NEREA

Nerea creou unha empresa co seu propio nome. Distínguese por ser unha marca nova cun espírito creativo, deseños atrevidos e orixinais.

Presentou un top cun escote halter, traslado de pinza cun pregado no escote e pedrería cosida a man, cinturiña no baixo do top atada cun lazo, saia con táboas encontradas e petos nas costuras.

O PROXECTO DE JÉSICA

Jésica presenta o seu proxecto coa marca empresarial HAHEHI. O nome ven dunha pequena gargallada, o cal quere dicir que é unha firma divertida, orixinal, creativa e transmite alegría.

A firma destínguese por ter produtos orixinais dende accesorios, complementos para o fogar e roupa.

Jésica elaborou a colección “Arena” , que é a cor principal do tecido. Dentro desta colección están as prendas que presenta no proxecto: unha saia con peto abotoada no centro dianteiro cun volante rizado no baixo, traslado da pinza ao baixo da saia para ter máis voo; a outra prenda que presenta é unha camisa colo mao con bandas entrelazadas, manga ¾ co traslado da pinza á metade do ombreiro. Canesú nas costas e bandas entrelazadas nas mangas un pouco máis arriba da altura do cóbado. Utiliza o recurso de superposición co entrelazado das bandas. Destaca a traballo manual de estampado das letras brancas e negras.

 

O instagram da súa firmA:  https://www.instagram.com/hahehi_com/

O PROXECTO DE GRACIELA

Esta alumna presenta o seu proxecto co seu propio nome, Graciela González, ela fai un traballo de alta calidade con pedrería cosida artesanalmente, co fin de vestir a todas aquelas mulleres que, nun día especial, se queren sentir coma unhas princesas.

As prendas son un top con escote pico no dianteiro e nas costas, este é de encaixe con pedrería cosida a man, e ondas do propio encaixe rematan a liña do escote. Nas costas leva botóns con presillas para cerrar a prenda. A saia que presenta e longa, con cola, como detalle práctico púxolle un peto pequeniño escondido na costura da cinturiña.

 O PROXECTO DE ISABEL

Baixo a marca Jimena´s, Isabel presenta unha firma na que, nun pequeno taller de confección, realiza exclusivos deseños e prendas únicas. COSTURA no sentido máis amplo “deseño, confección e artesanía”.

No seu proxecto Isabel presenta un conxunto inspirado no mar. Unha saia con cortes nas pinzas, peto italiano, e volante cun xeitoso voo, máis curto por diante que por detrás. Un top con costadiño francés, escote solto, ombreiro disparado cara a fóra e un gracioso “peplum”. Costas abertas con botóns e presillas. Remate cun cordón de vivo nos bordos.

O PROXECTO DE RAQUEL

Raquel creou unha empresa en Mondariz, a súa vila natal cuxa marca chámase “EME”. Eme máis que un taller de confección ou unha marca de moda é un xeito de ver e de facer as cousas. O nome “Eme” esconde moitos significados, MONDARIZ, MULLER, MEMORIA, MORRIÑA, e sobre todo, as iniciais do nome da súa avoa e da súa nai. “Eme” é unha forma de vida que che devolve ás orixes, para comezar de novo e facer do pequeno algo grande.

Nesta empresa créanse prendas básicas cun acertado toque funcional e moderno, camisas, saias, vestidos e abrigos. Tódalas prendas confecciónanse con tecidos ecolóxicos e responsables co medio ambiente.

As prendas que presentou Raquel no seu proxecto semellan as dun cabaleiro medieval do Século XVII. Camisa efecto pico na copamanga, lorzas na parte inferior, corte diagonal por debaixo do peito onde trasladou a pinza, puño con forma de pico con botóns simulando xemelgos, colo mao con volante rizado. Saia globo rizada no baixo con petos nos costados.

 O PROXECTO DE MARÍA

Baixo a marca co seu propio nome, María presenta unha empresa na que se crean pequenas coleccións por tempada ademais de prendas exclusivas onde a clienta pode escoller todo, dende os materiais ata os adobíos.

As prendas que presenta no seu proxecto María seguen a tendencia Little Black Dress, un clásico de  Coco Chanel que foi tamén utilizado por Audrey Hepburn no filme Desayuno con diamantes, no que se pasea  cun vestido negro de Hubert de Givenchy fronte o escaparate da xoiería Tiffany’s.

O traballo consta de dúas prendas, un Top asimétrico coas pinzas trasladadas ao talle ocultas nos cortes en “v” asimétricos e unha saia fruncida con moito voo, rematado cunha costura francesa e volante fruncido.

 O PROXECTO DE PATRICIA

Patricia Crujeiras no seu proxecto creou unha empresa co seu propio nome. Esta caracterízase por ser unha marca creativa e versátil. Patricia presentou un conxunto de dúas pezas que precisamente se distingue por iso, pois se pode utilizar só a camisa, a saia tamén soa ou as dúas prendas que xuntas semellan un vestido. Deste xeito intenta que os seus clientes poidan facer o máximo uso da prenda.

A camisa leva volantes e colo dobre, a saia tamén ten volantes, Ambas prendas péchanse con botóns de diferentes cores. O efecto é unha fervenza de tecido con moito movemento que con todo, resulta minimalista.

https://www.instagram.com/patriciacrujeiras

https://www.linkedin.com/in/patricia-crujeiras-627054160

O PROXECTO DE ESTAFANÍA

No seu proxecto Estefanía presenta un top con costadiño italiano e pregue central no dianteiro. O remate onde monta o colo fai unha graciosa forma de corazón, este leva un bordado en ambos picos cunha rosiña branca. No dorso deixa as costas ao aire con catro tiras que unen o colo coa parte inferior. A prenda leva un botón con presilla pola parte traseira do colo para abrochar.

A saia vai en tecido estampado con debuxo de rosas, ten dous cortes con cremalleiras que permiten abrila á vez que a adornan e leva petos de plastrón no traseiro.

O resultado é xuvenil e desenfadado, recordando a un conxunto de verán cun certo aire dos anos sesenta.

O PROXECTO DE MAITE

Maite Sueiro presenta no seu proxecto a empresa “El Manglar” onde se deseñan prendas de baño, conxuntos de praia, tops, pareos, bikinis, bañadores e lencería. Diferentes modelos, estilos e cores, axustados a tódalas tallas. El Manglar vende mar, auga, praia, en definitiva, VERÁN CON MAIÚSCULAS!.

O conxunto que realizou para o proxecto fin de ciclo forma parte da colección “Celeste”. pois o celeste é unha cor que favorece a tonalidade da pel curtida polo sol do verán. Na súa elaboración Maite utilizou tecido de liño e forro de batista, o resultado foi xuvenil, desenfadado e informal. A colección conta dun Crop top sen manga con frunce no escote onde trasladou a pinza, rematado cun volante na parte inferior e atado cunha lazada nas costas; e unha minisaia asimétrica estilo pareo que tamén remata cun pequeno volante e que cerra cun lazo no costado. Como detalle práctico leva un peto interior na costura do costado.

O PROXECTO DE LETICIA

Leticia presenta ! Igual, prendas e complementos do mundo metal, rock, pop... roupa alternativa de calidade. ! Igual significa diferente, na linguaxe de programación informática.

O seu proxecto consta dun conxunto de tres pezas de estilo amazónico. A combinación dos tecidos, o contraste das cores e o propio estilo da prenda convérteno nun conxunto poñible, cómodo e diferente. O top leva unha orixinal capucha desmontable de pelo, abrochada polas costas co escote; a saia é unha prenda sinxela con pelo na parte superior e aberta nos costados, simulando ser un taparrabos.

 O PROXECTO DE LAURA

Laura presenta o seu proxecto “Lata de corcho”, onde as prendas son entregadas ao cliente dentro dunha lata de cortiza. A súa marca cobre un amplo abanico de tallas chegando deste xeito a moitos perfís de público.

As prendas que realizou son un top de topos negros sobre fondo vermello. Este leva un escote moi pronunciado nas costas que pecha cuns brillantes botóns de fantasía. No dianteiro trasladou a pinza de peito ao talle, o escote é barco e remata ao igual que o das costas e o baixo da cinturiña cunha puntilla en cor negro. A saia ten un corte diagonal no dianteiro rematado nunha abertura no que leva incrustado un volante con pregues asimétricos, Así mesto, ten un peto de plastrón no traseiro

O resultado ten un aire moi español, de festa e sol.

 O PROXECTO DE CARLOTA

Tass é o nome do seu proxecto final. Tass nace como unha marca de pendentes que pouco a pouco vai crecendo e amplía a súa oferta a unha liña de roupa máis casual.

Carlota presenta unha saia en cor laranxa, con abertura frontal abotoada, rematada cunha pasamanería no baixo; top en cor fucsia co traslado da pinza ao talle e cinturiña rematada en lazo no centro dianteiro facendo un nó.

O resultado é fresco, ácido, atrevido, eléctrico, intenso...

OPROXETO DE STEPHANIE

Cocotte é o nome que escolleu Stephanie para o seu proxecto. Provén da cultura francesa no que o seu significado ven sendo amor e cariño.

 Stephanie presenta un conxunto de saia e top que ben puidera utilizar unha noiva despois da cerimonia para quedar máis lixeira no banquete, pero igualmente atractiva.

É un conxunto de cóctel en cor branca. Saia con cortes laterais nas pinzas, peto na costura do costado, entubada e rematada cunha blonda no baixo. Top con traslado de pinza ao ombreiro, cun resultado de lenzaría dos anos 50 que fai forma de triángulo no peito. A parte de abaixo do top remata cunha puntilla de blonda coma a da saia.

 O PROXECTO DE CARLA