Skip to Content

Taller de sensibilización sobre hixiene bucodental no Ceip Balaídos.

As alumnas da 2ª promoción do Ciclo Superior de Hixiene Bucodental ofreceron aos mais pequeniños do Ceip Balaídos, un taller de sensibilización sobre o coidado dental e a importancia do cepillado bucal. Para esta xornada deseñaron diverso material didáctico e realizaron actividades para conciencialos sobre a técnica correcta de cepillado e os hábitos alimenticios adecuados para ter unha dentadura saudable. Tamén revelaron a presenza de placa dental nas súas propias dentaduras!!!

Grazas aos nenos e nenas do cole e ao persoal do CEIP Balaídos pola oportunidade de poñer en práctica a educación bucodental como unha das tarefas máis importantes do que será o día a día destas hixienistas.

Parabéns ás nosas alumnas e profesorado pola actividade realizada, e por promover a importancia da saúde oral dende a etapa infantil. 

 

 

2º Ciclo Superior Hixiene Bucodental. Promoción 2017/2019

 



page | by Dr. Radut