Visita dos alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe ao polígono téxtil de Valadares, TEXVIGO

Os alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda do Manuel Antonio, fixeron unha saía ao polígono téxtil de Valadares, TEXVIGO, onde visitaron diversas empresas do sector.

 Primeiro foron a Creaciones Paz Rodríguez, importante empresa onde se deseña e fabrica unha bonita moda infantil. Guiounos polas instalación Jorge e tamén Víctor quen lles explicou o funcionamento das tecedoras con todo detalle.

 A excursión continuou visitando Selmark. Alí foron atendidos por María. Os alumnos puideron ver todas as seccións desta importante empresa de moda íntima onde o deseño e a tecnoloxía van da man.

 A continuación visitaron Marga Novas- ChoKolat. Enrique amosoulles todas as seccións. Aos alumnos gustoulle moito a moda que alí fan, dirixida a unha muller nova e sofisticada.

 Seguiron por Oky onde foron recibidos por Sandro que os levou por todas as instalacións desta prestixiosa empresa. De alí saíron moi contentos e agradecidos con Sandro polos obsequios que este lles deu.

 Pasaron despois pola empresa  Mil Puntadas, onde guiados por María puideron ver as fantásticas máquinas bordadoras.

 Xa para rematar, trasladáronse a Partenón, empresa líder no sector do subministro integral de vestiario especializado de alto rendemento. Alí Miguel mostroulles as seccións de corte e almacén.

Dende aquí queremos agradecer a todas as empresas que fixeron posible estas interesantes visitas.