II Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas

Esta semana tivemos a oportunidade de participar na II Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que celebra, por segundo ano, o Concello de Ponteareas, e que ten por finalidade dar a coñecer a toda a comunidade educativa o amplo abanico de ensinanzas que a formación profesional ofrece. Dúas intensas xornadas onde o noso alumnado explicou a oferta educativa do Cifp Manuel Antonio á vez que demostraba de xeito práctico e moi profesional as aprendizaxes propias dos seus ciclos formativos.

Moitísimas grazas a todo alumnado que colaborou nestas xornadas, e que sen dúbida, convértense n@s mellores embaixador@s da FP que se imparte no noso centro! 
 
 
 

 

 
Logo
 
Logo
Logo
Logo
 
Logo
Logo
Logo
Logo