II Feira de Ensinanzas Profesinais e Artísticas en Ponteareas

O CIFP Manuel Antonio participou xunto con outros centros de ensino da formación profesional na II Feira de ensinanzas profesionais e Artísticas, que se celebrou na vila de Ponteareas.

Esta feira ten como obxectivo dar a coñecer ao alumnado as diferentes alternativas profesionais e saídas laborais nas que se poden formar. Tendo a ocasión de ver nos propios stands a aplicación destes coñecementos adquiridos.

O departamento téxtil do CIFP Manuel Antonio foi moi ben representado polos alumnos do 2º curso do Ciclo Básico de Tapizaría e Cortinaxe. Estes demostraron  todo o que aprenderon ao longo dos dous cursos.

No stand, ademais de expoñerse unha selección moi especial de mobles tapizados,  mostráronse outros traballos feitos polo Ciclo Medio de Confección e Moda e tamén polo Ciclo Superior de Patronaxe e Moda.

Coma sempre, deixamos unhas fotos do evento.