Ampliación de prazo ata o 15 de xaneiro para participar no CONCURSO DE CARTEIS para a Xornada EMPRENDE 2019. Consulta as bases máis abaixo e participa!

Convócase concurso para elexir o cartel da Xornada de emprendemento que se celebrará o próximo mes de febreiro no CIFP Manuel Antonio.
Esta xornada está dirixida ao alumnado de 2º curso, e ten como obxectivo coñecer experiencias de persoas emprendedoras en diferentes sectores e fomentar a cultura emprendedora.
Bases da convocatoria
- No concurso poden participar todas as alumnas e alumnos matriculados no curso 2018-2019 no CIFP Manuel Antonio.
- Os carteis deben ser de creación propia e inéditos. As imaxes utilizadas deben ser de libre uso ou propiedade da persoa autora do cartel.
- A participación pode ser individual ou en grupo, sen límite máximo de carteis.
- Os deseños presentaranse en formato pdf, png ou jpg, en tamaño A1 e alta resolución (mínimo de 300 ppp).
- Os carteis deben enviarse a viveroemprende@gmail.com, indicando nome e apelidos da persoa ou persoas participantes.
- O último día para enviar os deseños será o 10 de xaneiro de 2019. (AMPLIACIÓN ATA O 15 DE XANEIRO)
- A valoración dos deseños realizarase por un xurado composto polos membros do Departamento de FOL .
- O premio para o cartel gañador será de 100 euros, nun vale para material didáctico.
- O cartel quedará a disposición do CIFP Manuel Antonio para a adaptación aos distintos formatos necesarios para ofrecer información adicional da xornada: programa, trípticos, rollers, redes sociais, etc..
Valoraranse a orixinalidade, o impacto visual e a capacidade para captar a atención dos destinatarios.
O premio poderá ser declarado deserto cando, a criterio do xurado, ningún dos traballos presente a suficiente calidade.
Animádevos a participar. Agardamos os vosos carteis!!