Galicia Skills 2018

Os pasados 28, 29 e 30 de novembro tivo lugar en Silleda o V Campionato Galicia Skills 2018 onde o alumnado dos distintos centro de FP galegos, demostra cada ano as súas destrezas e habilidades profesionais en 26 especialidades diferentes. 

Cociña, panadaría, servizos de restaurante e bar, recepción hoteleira e tecnoloxía da moda foron as especialidades nas que participaron sete alumnos do CIFP Manuel Antonio que cada día xa veñen demostrando o seu potencial e a súa profesionalidade:

  • Reyes Fernández Quintáns (Cociña).
  • Iago Vila González (Panadaría).
  • Andrés Salgueiro Troitiño (Servizo de restaurante e bar).
  • Ainara Navarro Muñoz (Recepción hoteleira).
  • Alba Otero López (Tecnoloxía da moda).
  • Águeda Comesaña Fernández (Tecnoloxía da moda).
  • Noelia Hermida Fernández (Tecnoloxía da moda).

Reyes, Iago, Andrés, Ainara, Alba, Águeda e Noelia… noraboa polo voso traballo e esforzo na preparación das probas durante estes meses. Tamén aos vosos entrenadores Isaac Martín e Damián Rey, Mayte Lozano, José Ramón Garrido, Roi Álvarez e Mónica de Acevedo que co seu compromiso e con moitísima ilusión, acompañáronvos neste reto.

E así foi. Un reto que asumistes con moita responsabilidade, deixando o pavillón da formación profesional galega, moi pero que moi alto.

E de regalo… Se xa estabamos orgullosos coa representación do noso alumnado no V Campionato GaliciaSkills2018, non poderíamos rematar o evento máis contentos cos resultados obtidos:

DÚAS medallas de ouro e UNHA de prata !!!

  • Medalla de ouro para Ainara Navarro Muñoz, en Recepción hoteleira.
  • Medalla de ouro para Andrés Salgueiro Troitiño, en Servizos de Restaurante e bar.
  • Medalla de prata para Alba Otero López, en Tecnoloxía da Moda.

Parabéns a todos polas destrezas tan profesionais que desmostrastes en cada especialidade, e que soamente son o resultado do voso esforzo!! 

 

Nova na prensa

 

 

Pica na imaxe para acceder á galería

 

 
Logo
 
Logo
Logo
Logo
 
Logo
Logo
Logo
Logo