Publicación das listaxes provisionais coas puntuacións finais do alumnado inscrito no proceso de adxudicación de bolsas Erasmus + 2018/2019
Achégase a listaxe final provisional, seguindo a orde de prelación segundo a nota obtida (Fase I e Fase II), do alumnado de Ciclo Superior dentro do proceso de adxudicación de bolsas Erasmus+ 2018/2019. As notas finais provisionais, xunto coa listaxe, podedes consultalas no taboleiro de Programas Internacionais.
O prazo de reclamación das devanditas listaxes será do día 30 de novembro ao 12 de decembro (ámbolos dous incluídos). A reclamación dirixirase á dirección do CIFP vía correo electrónico a cifp.manuel.antonio@edu.xunta.es, achegando a folla de reclamación asinada e o DNI do reclamante.
Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co coordinador de Programas Internacionais no correo electrónico internacional.manuelantonio@gmail.com
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ListadoProvisional_CS (1).pdf | 115.68 KB |