Skip to Content

Obradoiros "Arte en Inglés" no CIFP Manuel Antonio.

O pasado 19 de novembro arrancou o primeiro dos talleres "Art in english" na que participa o noso alumnado, e que dirixe Delfina Picchio, Auxiliar de Conversa do noso centro. O obxectivo desta actividade, que terá lugar unha vez ao mes ata finais de curso, é formar unha comunidade de estudantes interesados na arte, presentando diferentes técnicas artísticas ao tempo que practican a convesa en inglés nun ambiente informal de traballo. Nesta ocasión, o taller enfocouse na técnica do collage, e moi pronto revelaremos a técnica artística escollida para o mes de decembro! Estade atentos para non faltar á próxima xornada...


Moitísimas grazas Delfina Picchio por deseñar esta actividade tan enriquecedora para o noso alumnado!!



page | by Dr. Radut