Probas do Trinity College (ISE I, ISE II), niveis B1 e B2 de inglés.

A Consellería de Educación da Xunta ofertou este ano a todo o alumnado que cursan seccións plurilingües en Galicia, a posibilidade de presentarse aos exames do Trinity College (ISE I, ISE II)  para certificar niveis de inglés B1 y B2 segundo o marco da UE.


Seis alumnas e alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda do Departamento Téxtil do CIFP Manuel Antonio - sección plurilingüe en inglés no módulo de Análise de deseños en téxtil e pel – realizaron o pasado día 17 de novembro no IES Politécnico de Vigo a parte escrita destas probas. Hoxe, venres 23 de novembro, unha examinadora do Trinity  presentarase no CIFP Manuel Antonio para avalialos da parte oral das probas.. 

Desexámoslles moita sorte ao noso alumnado no desenvolvemento das probas!

 

 

 
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo