Publicación da listaxe de alumnado de Ciclo Superior que accede á segunda fase do proceso de adxudicación Erasmus+ 2018/2019 e Convocatoria de entrevistas coa Comisión de Baremación

Achégase o documento co listado de estudantes de Ciclo Superior que acceden á entrevista coa Comisión de Baremación do proceso Erasmus+ 2018/2019. Neste documento tamén poden consultarse as listaxes de espera cos candidatos que non acceden á segunda fase pero que poderán ser chamados en caso de que existan máis prazas dispoñibles.

O alumnado que desexe saber os detalles da súa nota poderá reunirse co coordinador de Programas Internacionais o venres 23 de novembro de 11:40 a 13:00 horas no despacho de Programas Internacionais.

Por outra banda, achégase tamén o documento de convocatoria coas datas, lugar e horas das entrevistas coa Comisión de Baremación para os candidatos que superan a Fase 1 do proceso de adxudicación de bolsas Erasmus+ 2018/2019.

O alumnado convocado deberá presentarse co DNI na hora e día indicados diante do despacho do Orientador, onde cada alumno/a será chamado polo seu nome e apelidos para facer a entrevista. Sendo esta convocatoria nominal, a/o alumna/a que non estea cando sexa chamado será excluído/a do proceso salvo causa de forza maior valorada e admitida pola comisión.

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co coordinador de Programas Internacionais no mail internacional.manuelantonio@gmail.com

 

AdxuntoTamaño
Alumnado Admitido e en reserva 18 19.pdf347.49 KB
Horarios Entrevista ERASMUS 18 19.pdf187.56 KB

 

 
Logo
 
Logo
Logo
Logo
 
Logo
Logo
Logo
Logo