Apertura do proceso de inscrición para bolsas ERASMUS+ de persoal dos CS do CIFP Manuel Antonio. Convocatoria de charlas informativas.

Dende o mércores 14 de novembro e ata o luns 10 de decembro estará aberto o prazo de inscrición para o persoal do CIFP Manuel Antonio que desexe obter unha bolsa de mobilidade Erasmus + de Ciclo Superior, tanto para formación como para docencia nun país da Unión Europea.

Achéganse na presente noticia as Bases do proceso de selección, a “Guía Erasmus Profesorado_CSZS” (unha especie de resumo do funcionamento e características das bolsas Erasmus) e os anexos 2 e 3 das Bases en formato Word, para que así o profesorado poda editar os documentos de cara á súa candidatura.

Para aqueles docentes interesados, o coordinador de Programas Internacionais dará dúas CHARLAS INFORMATIVAS na sala de xuntas o mércores 14 de novembro nos recreos de mañá e de tarde.

AdxuntoTamaño
Bases Erasmus+ Persoal.pdf1.09 MB
Guía Resumo Erasmus+Persoal.pdf331.14 KB
Anexo 2 - Proposta mobilidade persoal.docx203.34 KB
Anexo 3 - Compromiso linguistico.docx198.33 KB

 

 
Logo
 
Logo
Logo
Logo
 
Logo
Logo
Logo
Logo