Próxima convocatoria 2019 para Acreditación de Competencias Profesionais no CIFP Manuel Antonio

Próximamente sairá publicada a orde da convocatoria de Acreditación de Competencias para 2019.

No CIFP Manuel Antonio o proceso aplícase aos ciclos formativos que a continuación se relaciona:

  • Emerxencias sanitarias.
  • Farmacia e parafarmacia.
  • Cociña e gastronomía.
  • Servizos en restauración.

Esta convocatoria ten aspectos novos en relación coas anteriores convocatorias, sobre todo no que concierne  á presentación de solicitudes e á documentación requirida, que se establece no artigo 8 da norma.

Cabe subliñar que a presentación de solicitudes será realizada por SEDE ELECTRÓNICA polo que será necesario que os solicitantes teñan un certificado electrónico ou Chave 365.

A solicitude NON se poderá presentar nos centros impresa en papel como ata agora.

 

 
Logo
 
Logo
Logo
Logo
 
Logo
Logo
Logo
Logo