APERTURA DO PROCESO DE INSCRICIÓN PARA BOLSAS ERASMUS +. Charla informativa

Dende o próximo martes 09 de outubro e ata o venres 19 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para os estudantes de Ciclo Superior (CS/ZS) que desexen obter unha bolsa de mobilidade Erasmus +, ben para facer a FCT no estranxeiro ou para facer prácticas nalgún dos países asociados unha vez rematen o Ciclo.

Todo o alumnado de Ciclo Superior que o desexe debe inscribirse nas datas indicadas na conserxería do CIFP, onde se lles facilitará a folla de inscrición e na que deberán depositar tamén unha fotocopia do DNI e os certificados oficiais de idiomas, en caso de que os teñan.

Convocatoria de CHARLAS INFORMATIVAS.

Para aquel alumnado interesado, farase unha charla informativa por parte do coordinador de Programas Internacionais:

     - Ciclo Superior (CS/ZS): Luns 15 de outubro de 15.10 a 15.50 na sala museo da biblioteca (3º andar).

A continuación achéganse as bases do proceso de selección, tamén dispoñibles no taboleiro de Programas Internacionais.

BASES SELECCIÓN ERASMUS+ 2018-2019

 

 
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo