Skip to Content

Visita da Asociación Down Vigo

 

Alumnos e alumnas da Asociación DOWN VIGO, visitaron as instalacións do Departamento de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias para coñecer mais de preto as aulas-obradoiro de Cociña, Pastelaría e Restaurante.

VER FOTOGRAFÍAS

Foi unha visita didáctica na que os/as alumnos/as estiveron moi activos, con preguntas sobre o funcionamento de cada un dos obradoiros. A visita rematou cun pequeno almorzo na aula-obradoiro de cafetaría, servido polos alumnos/as de C.M de Servizos.

Down Vigo é unha asociación sen animo de lucro que desenvolve a súa actividade na cidade de Vigo, sendo o seu ámbito de influencia a zona sur da Provincia de Pontevedra.

A finalidade desta entidade é contribuír á mellora da calidade e condicións de vida das persoas con síndrome de Down, e ao logro das máis altas cotas posibles de vida autónoma e independente.



page | by Dr. Radut