A ex alumna do MANUEL ANTONIO Marta del Río Moldes, gañadora do terceiro premio no Desfile de Noveis Deseñadores, na Mostra Do encaixe de Camariñas

Modelos no desfileModelos no desfile

 A ex alumna do Manuel Antonio, Marta del Río Moldes, conseguiu o terceiro premio no desfile de Noveis Deseñadores, na XXVIII Mostra do encaixe de Camariñas coa súa colección “Cinzas”.

Marta quedou moi afectada pola riada de incendios que asolou Vigo e a súa contorna en outubro do 2017. Quixo expresar a súa rabia cunha fermosa colección de austeros deseños con encaixes tinguidos a man en cor cinza e uns elementos que impiden o movemento das mans e a boca, amosando así a impotencia que lle causou o sucedido.

Dende aquí querémoslle transmitir os nosos máis sinceros parabéns e os mellores desexos para que siga recollendo éxitos.

DesfileDesfile

 

 

Se queredes seguir a súa conta de Instagram aquí queda o seu enderezo:

@mardel_rio