A PREVENCIÓN DE RISCOS NO SECTOR TEXTIL

 

A Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais ten por obxecto promover a seguridade e a saúde dos traballadores mediante a aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a prevención de riscos derivados do traballo.

A maioría dos accidentes na industria téxtil prodúcense nas seccións de confección e vestiario.

Os accidentes na pel son producidos pola utilización de máquinas e ferramentas para seren usadas nas operacións de corte, costura ou prensado, producindo cortes, golpes, atrapamentos ou proxeccións de material. Non se deben esquecer outros riscos de tipo químico, por exposición a substancias nocivas nos procesos ou acabados da pintura, ademáis dos riscos da ergonomía por posturas de traballo inadecuadas e repetitivas.

No seguinte enlace podedes descargar un completo manual básico de prevención de riscos laborais para a familia profesional do textil.

http://www.sefcarm.es/web/pagina?IDCONTENIDO=5176&IDTIPO=246&RASTRO=c$m29962,30061,9983,12510,19559