Síntese histórica do Manuel Antonio

A orixe do centro Manuel Antonio está na Universidade Laboral de Vigo, inaugurada no ano 1976. Este tipo de centros que levaban aparellados unha residencia estudiantil para acoller alumnado de lugares distantes e facilitarlles un tipo de estudos que non existía na proximidade das súas vilas.

Durante uns anos foi competencia do Ministerio de Traballo. Máis tarde, cando se estableceron as autonomías, e cando Galicia tivo competencias educativas, pasou a depender da Xunta de Galicia.

Ao longo dos anos foi mudando de nome. Unha vez transferido a Galicia recibiu o nome de C.E.I. Manuel Antonio (Centro de Ensinanzas Integradas), en homenaxe ao poeta de Rianxo do mesmo nome. Anos máis tarde, a Consellería de Educación decidiu separar a residencia do centro de formación educativa, e pasouse a chamar I.E.S.P. Manuel Antonio (Instituto de Ensinanza Secundaria e Profesional). O nome mudou de novo a I.E.S. Manuel Antonio  (Instituto de Ensinanza Secundaria) e, finalmente, pasou a ser CIFP Manuel Antonio (Centro Integrado de Formación Profesional).

O centro Manuel Antonio sempre defendeu a lingua e a cultura galegas, e funciona como un centro  educativo moderno cunha oferta educativa ampla, atractiva e de calidade.

 

 
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo