Blog Hostalaría e Turismo

Visita á empresa do sector cárnico e ao restaurante Yayo Daporta

O alumnado do Ciclo Superior de Cociña, neste último trimestre de curso, está coñecendo as diversas empresas dedicadas á produción e elaboración dos alimentos.

Nesta xornada os estudantes visitaron a empresa cárnica Montiño, un referente no sector galego, en funcionamento desde 1978. Esta fábrica de embutidos conta entre as súas instalación cun matadoiro, unha sala de despezamento, así como dun almacén frigorífico.

Unha vez finalizada a visita, o grupo desprazouse ata o restaurante Yayo Daporta, en Cambados, un local que conta cunha estrela Michelin e é unha referencia no sector da restauración galega. Atendidos polo Chef, coñeceron as instalación do establecemento e degustaron algunhas das elaboracións da súa cociña.

  

 

      

Powered by Drupal - Design by artinet