Visita dos alumnos de ZM en réxime de adultos á empresa STL (Sociedad textil Lonia) no Parque Empresarial de Pereiro de Aguiar en Ourense.

Dentro da programación de ciclo medio ZM hai una parte moi importante dedicada á pel. Que mellor sitio onde ver todo o proceso da confección da pel que na empresa STL! Alí se deseñan e fabrican as marcas Purificación García y CH Carolina Herrera. Os seus bolsos e prendas de pel son dunha calidade inmellorable.

Os alumnos tiveron a oportunidade de facer un percorrido polas instalacións acompañados en todo momento por unha persoa de RRHH, que foi explicando o proceso produtivo dun xeito moi didáctico e ameno.  Cal sería a súa alegría cando se atoparon cos seus compañeiros que están a estudar tamén o ciclo ZM, pero na modalidade de Dual nesta mesma empresa!.

Ao rematar a visita, a excursión continuou á fermosa vila de Allariz co fin de ver as antigas curtidoiras, o Museo da Pel e o Museo da Moda. A guinda axeitada para o pastel!.

  

 

 En STL dispoñen da aquinaria máis moderna e da última trecnoloxía. Aquí podemos ver unha máquina de corte automático de pel.

 

Na empresa STL trabállase coas peles máis sofisticadas e prezadas

Operaria facendo un labor de confección

 

Lavadora "industrial" nunha cortidoría de Allariz

Allariz a súa contorna é una zona tradicionalmente unida aos curtidos de peles

As antigas curtidoiras estaban sempre ao carón dun río pois necesitaban de auga.

Pilos de curtición

  

Foto dun operario facendo traballos de curtido

Museo do Taxe en Allariz

Vestidos de época no Museo do Traxe