Bolsas de práctica laboral na Deputación de Pontevedra e concellos da provincia para o ano 2018

Convocadas 200 bolsas de práctica laboral na deputación e concellos da provincia de Pontevedra para titulados universitarios e de ciclos superiores de formación profesional.

  • A finalidade destas bolsas é que as persoas tituladas adquiran a práctica profesional que proporcione valor engadido á formación académica. 
  • Desenvolveranse en distintos servizos da Deputación de Pontevedra e concellos da provincia de Pontevedra
  • A duración é de 6 meses coa posibilidade de prórroga por 6 meses máis.
  • A axuda é de 740 €/mes para os ciclos de formación profesional e de 840 €/mes para as titulacións universitarias
  • Prazo presentación solicitudes do 17 de abril ata o 7 de maio de 2018

Titulacións que se convocan dentro da oferta educativa do noso centro:

 

o   Ciclo Superior en guía, información e asistencias turísticas/información e comercialización turísticas

 

o   Ciclo Superior en análise e control/ laboratorio de análise e control de calidade

 

Para resolver calquera dúbida, a través dos correos electrónicos promociondoemprego@depo.es e persoal@depo.es ou a través dos teléfonos 986 80 41 00 Ext- 40704 (Daniel) ou 40705 (Ana)

BASES DA CONVOCATORIA

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo