GAMIFICACIÓN EDUCATIVA: KAHOOT!- Cuestionarios

Que é KAHOOT

Kahoot é un servizo web de educación social e gamificada que se comporta como un xogo, outorgando puntuación polos acertos e establecendo rankings.

Calquera persoa pode crear un taboleiro, chamado tamén un kahoot! utilizando para iso calqueira dos catro tipos de aplicación que permite usar:

Unha vez creado un Kahoot, os xogadores deben unirse a el introducindo un código PIN na aplicación para móvil. O móvil convértese así nun control remoto para responder ás preguntas fácilmente, mentras que na pantalla se pode ver a pregunta e quen vai gañando.

Ao terminar a partida, cando se completaron tódalas preguntas, un podio premia aos que conseguiroon a mellor puntuación. El profesor tamén pode exportar os datos dos concursantes como arquivo Excel.

Para que serve Kahoot!

Kahoot! foi deseñado con fins educativos, ca idea de facer que a aprendizaxe sexa máis divertida, máis lúdica, anque tamén pode ser usado fora do eido da educación como un simple xogo de entretemento.

Na educación un dos usos máis reucrridos é como ferramenta de repaso de temas e de reforzo xa que as preguntas son moi curtas e non permiten entrar en moito detalle. O profesor controla cando se pasa á seguinte pregunta e pode facer pausas para engadir as explicacións que considere necesarias. Isto é unha diferencia importante coa outra ferramenta da que xa falamos neste blog, Socrative.

Existen miles de packs de preguntas xa creados, porén o idea lé crear un concurso propio coas preguntas personalizadas ao máximo, e adaptadas ao explicado e estudiado nas clases.

Como crear o teu propio Kahoot

O procedemento é moi sinxelo. Debes seguir estes pasos:

  1. Rexístrate en Kahoot!

    2. Elixe crear un Quiz pulsando sobre QUIZ e a aplicación levarate a unha páxina coma esta:

Nela terás que ir cubrindo os campos que che pide: título, descrición, idioma, público obxectivo, etc. Cando a teñas, preme o botón verde da parte superior dereita para continuar.

Con isto xa estará creado o teu kahoot, pero sen preguntas. Na seguinte xanela vaiche pedir que engadas as preguntas. A interface é moi intuitiva e fácil de usar. Preme “Add question” e a plataforma vaiche pedir alúns datos sobre a pregunta,como podes ver na imaxe:

  •  Pregunta: a pregunta que queres lanzar 
  •  Límite de tempo, por defecto 20 segundos ( dependerá, en parte, da dificultade)
  •  Posibles respostas, entre dúas e catro. Preme no ‘tick’ para marcar as correctas.
  •  Recursos no caso de que queiras ampliar a información da pregunta.
  •  Media: podes engadir unha imaxe ou un vídeo que serva por exemplo para contextualizar a pregunta ou para plantexar preguntas relativas a esa imaxe ou vídeo.

Para continuar, preme en seguinte (“Next“) e a pregunta engadirase ao teu Kahoot!

Repite o proceso para engadir máis preguntas e cando termines preme Save para gardar o teu Kahoot! Sempre terás a opción de editalo cando queiras se cambias de opinión.

Cómo utilizar Kahoot! na clase

O primeiro que ten que facer o profesor ou moderador é abrir o Kahoot! nun ordenador. Non é máis que unha páxina web á que se accede mediante unha ligazón. Se o Kahoot! o creaches ti so tés que ir á túa lista de Kahoot!, buscalo e premer en Play it.

A continuación deberás configurar as regras e o tipo de xogo. O máis importante é elexir se será unha competición clásica de todos contra todos ou por equipos. Tocando en Game options podes ajustar outras opciones como se as preguntas se barallarán automáticamente ou se haberá podio.

Cuando teñas escollido o modo de xogo xerarase o código PIN do xogo, que aparece en grande na parte superior da pantalla. Agora é cando os xogadores poden unirse ao xogo dende outro ordenador, visitando Kahoot.it, coa aplicación móvil para Android ou para iPhone e iPad.

Aos xogadores xa so lles queda premer en Enter PIN, escribir as cifras do código PIN do Kahoot! en curso e un elixir apodo. 

O moderador decide cando empeza a partida, que necesitará polo menos un participante. Cando o vexa oportuno, con tocar Start empezará a primeira pregunta. Na pantalla aparecerán as catro respuestas e a cor e o símbolo ao que corresponden, de xeito que cada participante pode responder de forma privada.

Esta ferramenta pode usarse de forma bidireccional na aula xa que o profesor pode pedir que sexa o alumnado que cree o seu kahoot  e o leve a cabo cos compañeiros. Se se trata de alumnado maior de 16 anos pode ademais acceder aos cuestionarios da comunidade.

Cómo encontrar Kahoots xa feitos

Unha das avantaxes de Kahoot! é que se poden compartir os cuestionarios coa comunidade de usuarios que está en continuo crecemento.Na páxina web hai un apartado para buscar Kahoot! xa feitos e listos para usar na sección Find Kahoot!

Podemos atopar Kahoots en varios idiomas e podemos filtrar por idioma usando el menú desplegable All languages ou por temas para que solo aparezan os que nos interesan. 

 Para usar un Kahoot xa feito non hai máis que premer no botón Play. Tamén podemos clonalos para poder modificalos ao noso gusto. Para isto deberemos premer en Duplicate, que creará una copia deste Kahoot na nosa conta, que poderemos logo editar libremente.

 Finalmente, por se non quedoou ben claro o funcionamento desta ferramenta, deixo aquí este vídeo explicativo: