Blog Hostalaría e Turismo

Procurando os secretos do Monte Aloia

A pasada semana, o alumnado dos ciclos de turismo de Axencias de Viaxes e de Guía, Información e Asistencia Turísticas gozou dunha actividade en plena natureza no Monte Aloia.

Da man dos responsables da empresa Arrepións, quen foron os deseñadores desta aventura, na que os participantes, divididos en grupos, tiñan que atopar uns cartóns, a modo de tesouros, a través de pistas e coa axuda dun mapa. Desta forma lúdica, descubriron este parque natural e algúns dos seus recunchos máis salientables.

Foi unha mañá intensa, na que aprenderon novas formas de dar a coñecer o noso patrimonio natural, mediante a súa propia experiencia.

 

Powered by Drupal - Design by artinet