Que é a "flipped classroom"?

Seguramente oistes falar da flipped classroom ou aula ao revés e probablemente no noso centro haberá colegas que xa están a usar esta metodoloxía consciente ou inconscientemente. Trátase dunha metodoloxía innovadora que aposta por sacar fora da aula determinados procesos de aprendizaxe e aproveitar a clase para aspectos nos que é necesaria a axuda e a experiencia do profesorado. 

Aquí deixo este vídeo de Raúl Santiago que nos pode orientar sobre a idea de flipped classroom.