








A gamificación educativa está de moda e o certo é que consigue "enganchar" ao alumnado. Xa hai uns anos que veño usando este tipo de ferramentas de maneira puntual nas miñas clases e a experiencia é bastante positiva.
Hai algún tempo usei Quizlet e creo que para aprender un idioma estranxeiro de maneira autónoma está bastante ben se se empeza de cero. Permite ao profesor crear tarxetas e usar as creadas por outros e pode seguir os progresos do alumnado. Eu recomendaríao para niveis de coñecemente sobre todo básicos.
Socrative paréceme moi práctico. Permite crear cuestionarios de maneira moi sinxela e intuitiva e almacenalos para ser usados en calquera momento. Ao alumnado encántalle facer competicións nas que se resposta a eses cuestionarios. O único inconvinte que se pode poñer a esta ferramente é que o alumnado usa o seu propio móbil ou unha tablet dentro da clase, feito que moitos profesores non ven con bos ollos. Dende a miña experiencia (con alumnado maior de idade) non supón un problema.
No vindeiro curso escolar espero usar Kahoot!, ferramenta da que teño moi boas referencias.
E ti, usas algunha aplicación didáctica que poidas recomendarnos? Deixa o teu comentario.
Mª Carmen Seijas Sarceda, profesora de francés e coordinadora das TIC no CIFP Manuel Antonio.