Selos de confianza: que son e para que sirven

Cada vez se utiliza máis Internet para realizar accións como mercar produtos online, xestionar contas bancarias, compartir datos personais, actividades, etc. Porén estas accións que facemos con tanta confianza a veces poden verse afectadas por diversos fraudes, ataques de virus, roubos de datos personais se as páxinas web que usamos non se rixen por unhas normas mínimas que garantan a seguridade e a privacidade dos usuarios. Os selos de confianza nacen precisamente para garantir  ao usuario e consumidor a confianza na páxina web ou aplicación certificada por eles. Obter un selo de confianza non é algo obrigatorio para estas empresas, pero redunda positivamente nas mesmas ao recoñecer que cumpren os requisitos de boas prácticas esixidos pola empresa certificadora.

Normalmente os selos de confianza adoitan colocarse no pé de páxina a carón doutras cláusulas como o aviso legal, as condicións de contratación, os termos e condicións e a política de cookies. Outras veces informan no seu aviso legal de que dispoñen do selo e acostuman poñer unha ligazón ao mesmo. 

Estes son os selos máis usados e recoñecidos no comercio electrónico: