Creando presentacións con GOOGLE SLIDES

Todos utilizamos algunha vez na nosa práctica docente a presentación como ferramenta didáctica e somos coñecedores da súa eficacia na clase. Quen non coñece Power Point ou Prezi? Nembargantes hai outras ferramentas de presentación que non acostumamos usar e que porén non son menos interesantes nin menos prácticas. Estou a pensar en Google Slides, unha ferramenta gratuita que permite crear presentacións online de maneira sinxela e intuitiva.

No blog enlanubetic.com.es  enuméranse 5 características que fan desta ferramenta un imprescindible:

1. URL de atallo que podemos incluir como unha bookmark no noso ordenador para comezar rápidamente a crear unha presentación. A dirección é a seguinte: https://slides.google.com/create

2. Permite inserir vídeos de Youtube pinchando en insertar e poñendo a URL do vídeo.

3. Activando a opción de preguntas e respostas obteremos unha ligazón que se pode compartir coa audiencia ou no noso caso o alumnado e que lle permite formular preguntas directamente ao orador, que logo quedan rexistradas e o orador ou profesor pode responder unha vez finalizada a presentación. Ao final tamén se poden votar as mellores.

4. Conta con plantillas propias e con outros sitios que proven plantillas gratuitas ou de pago.

5. Permite redactar utilizando a voz.

Animádevos a probala. É supersinxela!