Audacity na aula de lingua estranxeira

Quixera falarvos hoxe da miña experiencia no uso da ferramenta Audacity na ensinanza  do francés no CS de Dirección de Servizos de Restauración.

Xa hai anos que descubrín esta ferramenta e dende entón considéroa un imprescindible nas miñas clases de lingua francesa.

Audacity é un programa libre e de código aberto para grabar e editar sonido. Entre as súas funcións están a grabación, edición e manipulación de arquivos de sonido en diferentes formatos, entre eles WAV, MP3 e OGG. 

O uso que eu fago nas miñas clases consiste en grabar por parellas conversacións nas que se interpretan os roles de de profesionais da restauración e clientes. Desta maneira o alumnado grava os diálogos que logo se gardan en formato MP3 nunha carpeta compartida conmigo en Google Drive. Nun segundo tempo o alumnado escoita as súas gravacións co fin de recoñecer erros e finalmente revísanse na clase e corríxense os erros. 

Logo de corrixidos os erros vóltase a gravar e a gravación definitiva avalíase e pódese inserir no blog de aula ou mesmo se podería inserir nun programa de radio. De momento con isto non experimentamos, non por falla de gañas senón por falla de tempo.

Segundo a miña experiencia, resulta un recurso moi motivador, ben aceptado e que soe xerar moita implicación por parte do alumnado, que se esforza e aprende moito máis que con propostas máis tradicionais. ACONSELLABLE 100%.

 

Mª Carmen Seijas Sarceda, profesora de francés e coordinadora das TIC no CIFP Manuel Antonio.