Demostración de "Latte-art" na Aula-Obradoiro de Cafetaría

                        

Os alumnos e alumnas do Ciclo Medio e Superior de Servizos, tiveron a oportunidade de coñecera a técnica de "latte-art". Para coñecer os segredos desta técnica que millor que contar con Damián Seijas que foi CAMPIÓN e Premio MILLOR LATTE-ART no VII Campionato de Baristas de Galicia, celebrado no Fórum Café - Santiago de Compostela 2012.

A modalidade "latte-art" , consiste en cremar leite no seu óptimo punto de temperatura e grao de burbulla, que permita conservar as cualidades organolépticas do mesmo, para acompañar a un café expreso perfecto, dando como resultado un café capuccino no que o leite non está nun segundo plano seon que fai de perfecto consorte amosando un debuxo combinativo entre a crema do leite e a do café, resultando asi un espectacular café con leite no que se respeta a proporción a partes iguais de café, leite e crema de leite.

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo