Alumnas do Lycée Ramiro Arrue asistindo ás Clases no Manuel Antonio

As alumnas do Lycée Ramiro Arrue asistiron ás clases dos diferentes ciclos que se imparten no Manuel Antonio.

Aquí podemos velas, xunto cos nosos alumnos, traballando nunha clase de corte do ciclo medio de adultos de Dual e Modular que imparte a profesora Montse Vidal.

Como se pode apreciar, traballaron con diferentes ferramentas, tesoira eléctrica, tesoira manual, máquina de coitela circular, etc. Cortaron unhas saias que despois confeccionaron no taller de confección.

QUEDARON "MONÍSIMAS"!