Blog Hostalaría e Turismo

Visita a Santiago

Restaurante Manso e Hostal dos Reis Católicos

 

@s alumn@s dos Ciclos Medio e Superiores de Cociña e Servizos de Restauración visitaron as instalacións do restaurante Manso, sito na cidade de Santiago de Compostela. Nel distínguense dous espazos diferentes: un, no que se pode tomar calquera tipo de bebida e degustar algunha das tapas que oferta o establecemento; e noutro, a sala onde pódese tomar o menú de temporada.

Da man do chef Alberto Lareo, un prestixioso cociñeiro que traballou con profesionais de altura coma Toñi Vicente, Eneko Atxa, Marcelo Tejedor, Jacques Maximin ou Jean François Piége, coñeceron a forma de traballar da cociña deste restaurante, as súas propostas e elaboracións, así coma a organización e distribución do traballo.

Ademais, a xefa de sala explicou ao alumnado de Servizos os protocolos que se seguen na rutina diaria da sala e na atención á clientela.

Posteriormente, trasladáronse ata o Hostal dos Reis Católicos, onde da man dun dos seus responsables coñeceron as diversas dependencias deste establecemento, considerado o hotel máis antigo do mundo.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet