Proxecto final do ciclo de Patronaxe e moda ano 2016/2017

Traballos.de diferentes alumnos. Proxecto final do ciclo de Patronaxe e moda ano 2016/2017.

O proxecto final de ciclo supón un grande esforzo por parte dos alumnos. Con este traballo o que se pretende é medir a destreza adquirida ao longo dos dous cursos, a través do estudo de todo o proceso necesario para a elaboración dun modelo proposto.  O alumnos teñen que chegar á prenda perfectamente elaborada, partindo  dun deseño persoal. Desenvolverán todas as fases de fabricación, desde  patronaxe, escalado, ficha técnica, confección, corte e mesmo farán un proxecto dunha empresa do sector completamente desenvolvido. Materia que estudan no módulo de EIE (Empresa e Iniciativa Emprendedora).