Blog Hostalaría e Turismo

       

FEIRA GASTRONÓMICA “ETIQUETA NEGRA GOURMET”

A celebración en Pontevedra da I Feira Gastronómica “Etiqueta Negra Gourmet” foi o motivo de que o alumnado de Cociña e Servizos de Restauración se desprazaran ata dita cidade coa finalidade de coñecer de primeira man os produtos gourmet que existen no mercado e que poderán utilizar nas realización das súas elaboracións.

Esta feira tiña como premisa a exaltación dos produtos gourmet galegos, así como a celebración de diversas actividades paralelas como foron catas, showcooking, demostracións de cociña en vivo, charlas, presentacións de produtos, etc.

Nesta visita o alumnado coñeceu as novas propostas feitas polos produtores e os novos produtos gastronómicos artesanais, asistiu ao showcooking “Cociñas do Salnés”, patrocinado pola Mancomunidade do Salnés e participou nalgunha das catas programadas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet