Visita dos alumnos do ciclo de FPB Tapizaría e Cortinaxe á empresa CELTIC ESTORES

        Temos que dicir que foi unha visita moi interesante. Agradecer ao director xerente de Celtic Estores, Bandalux, o Sr. Casián pola súa dispoñibilidade.

Tivemos o privilexio de facer un percorrido polas instalacións e contemplar íntegro o proceso produtivo, ademais, moi ben acompañados en todo momento por María Dosil,responsable de Relacións Institucionais de Bandalux,  quen nos foi explicando as cousas dun xeito moi didáctico e ameno.

Asombrounos, sobre todo, o proceso de elaboración do fío e os teares onde fan o seu propio tecido polyscreen, tamén que BANDALUX sexa unha empresa tan  respectuosa co medio ambiente, e que sigan un sistema de xestión ambiental tan rigoroso. 

Foi unha experiencia que non imos esquecer!